viernes, 27 de diciembre de 2013

Virus do Papiloma Humano (VPH) e cáncro de cérvix.

 Na actualidade, o de cérvix  e o segundo cancro máis común nas mulleres en todo o mundo. A idade media de aparición esta nos 45 anos, sendo o máis frecuente en paises en vias de desarrollo e diagnosticándose cada ano arredor de  500.000 casos novos no mundo.

  No ano 2008, o cientifico aleman Harald Zur Ausen recibirá o Novel de mediciña polo descubrimento que relaciona directamente o VPH como  o principal axente causal do cancro de cérvix. Este evento asentará as bases do tratamento e prevención desta enfermidade.  

Nesta entrada, tratarei de expoñer que é o Virus do papiloma humano, o  modo de contaxio , infección  e  os métodos de prevención .

O Virus do papiloma humano:

 O virus do papiloma humano (VPH ou HPV do inglés Human Papiloma Virus) son grupos de virus ADN que pertencen a familia dos Papilomaviridae. Representa unha das infecións de transmision sexual mais común e coñécense mais de 100 tipos virales en relacion á sua patoxenia oncolóxica. Clasificándose segundo a Axencia Internacional para a Investigacion do Cancro (IARC) en virus de:


           - Alto risco oncoloxico: VPH: 16,18,31,33,35,39,45,51,52,56,58,59,66.
           - Baixo risco oncoloxico: VPH 6 VPH 11. ( displasias leves benignas).


Aproximadamente, o 70% dos casos de cancer de cuello de utero no mundo son producidos por os tipos  VPH 16 ou 18. Os xenotipos de baixo risco  VPH 6 e 11 producen un elevado porcentaxe de displasias cervicales leves e mais do 90 % das verrugas xenitais ou condilomas.


 As infeccions por VPH ceden espontáneamente nun plazo máximo de 2 anos, pero poden producir lesións precancerosas no cuello uterino, que se non se tratan poderían evolucionar a un cancro de cérvix  en 20-30 anos. Ésta lenta evolución xerará moitas oportunidades de diagnóstico e tratamento precoz  das lesións precancerosas, con altas tasas de curación.

 A maior parte da xente que está infectada polo VPH o descoñece, por isto, a detención precoz mediante cribados sistemáticos representa unha estratexia de prevención secundaria moi eficiente para prever a presencia de cancro cervical.


Imaxe do VPH



O Contaxio:
Tanto a muller como o home poden ser portadores asintomáticos e vehículos da infección xenital. A transmision prodúcese principalmente por contactos sexuais, os órganos mais susceptibles de infección con un potencial de iniciar a transformación neoplásica son o cuello uterino( zona de transición) e a linea pectilinea do canal anal.

Outra forma de contaxio, é a transferida da nai ao neno durante o proceso de parto, no caso que existan verrugas xenitais no canal vaxinal . Nestos casos pode producirse no neno un cuadro  pouco frecuente denominado papilomatosis larínxea.

   A prevalencia de infeccion en España por VPH é do 14.9%, aumenta ao 29% nas mulleres xóvenes entre 18-25 anos e disminue notablemente a partir dos 25 anos. O VPH 16, VPH 6 e 11 son os tipos de alto risco e baixo risco,  respectivamente, máis frecuentemente encontrados nas mulleres españolas.

 Os cambios efectuados nas conductas sexuais dos xóvenes, o inicio máis precoz nas relacións e un maior numero de compañeiros sexuais, fan que a prevalencia do contaxio aumentase nos últimos anos.

A asociación causal entre VPH e cancro de cuello uterino é unha das máis fortes observadas para calquer cancro humano. Os diferentes estudios realizados demostran que é posible detectar o ADN do VPH entre o 95 e o 100% das mostras de cancro de cuello uterino. Tamén e necesario recalcar que, como comentaba anteriormente, arredor do 90% das infeccions por VPH son eliminadas espontáneamente polo sistema inmune sen progresar a cancro invasivo.

A Prevención  do contaxio:
O mais importante para previr e evitar contraer a infeccion por VPH é o uso sistematico de preservativos durante as relacións sexuais tanto vaxinais , como anais e orais. Non obstante, é compre recordar que a efectividade do preservativo non é absoluta , xa que non cubre todas as áreas da rexion xenital. Os xogos preliminares constituen un risco de contaxio.
A Vacinación:


O 24 de Agosto de 2007, o Goberno de España autoriza a comercialización da vacina contra o VPH e propón as comunidades autonómas a inclusión no calendario vacinal. Galicia comeza no 2008 coa vacinación en nenas de 14 anos.


Existen dúas vacinas no mercado, Gardasil  e Cervarix , ambas protexen contra os dous tipos  VPH 16 e 18 que con maior frecuencia (70-80%) son causantes do cancro. É  necesario considerar que non todos os virus implicados nos tumores malignos do cuello uterino están contidos nas vacinas de hoxe en dia. As vacinas NON SERVEN COMO TRATAMENTO de lesións precancerosas xa existentes previas á vacinación.

Gardasil tamén protexe contra as infeccions polos papilomavirus que causan verrugas xenitais benignas sendo  autorizada tamén  a  súa administracion en  varones para prevenir as mesmas.
A vacina  inxéctase no hombro, administrandose a nenas de entre 11 e 14 anos. A pauta completa consta de 3 doses ( 0,1,2-6 ). Informacion extraida de A.E.Pediatria:http://vacunasaep.org/familias/vacunas-una-a-una/vacuna-virus-papiloma-human



CALENDARIO VACINACION 2013 GALICIA:





Vacunas
0m
2m
4m
6m
12m
15m
18m
3a
6a
12a
14a
Hepatitis B
HB
HB
HB
Difter. Tét. Tos
DTPa
DTPa
DTPa
DTPa
Tdpa
Td
Polio inyect.
VPI
VPI
VPI
VPI
Haem. infl. b
Hib
Hib
Hib
Hib
Meningoc. C
MenC
MenC
MenC
Neumococo
VNC
VNC
VNC
Triple vírica
SRP
SRP
Varicela
Var1
Papilomavirus
VPH2



A Polémica:


Tras o anuncio da inclusión da vacuna no calendario vacinal español, comezan a aparecer agrupacións de profesionais do ámbito sanitario  que reclaman unha moratoria, recalcando que se efectuou sen suficientes estudios previos que aseguren o risco/ beneficio  da mesma. A o mesmo tempo aparecen asociacións de  afectados por reaccións graves tras a vacinación, que poñen en dúbida seguridade e eficacia da mesma, así como a sua rápida instauración


O Ministerio de Sanidade Español publica un boletin de revisión da vacina do VPH ( ano 2013), no mesmo indica as razóns principais polas que considera necesaria a vacinacion. Entre outros argumentos fai fincapé noo seu excelente perfil de eficacia frente as infeccions do VPH,  ademáis tamén presenta unha relacion risco/beneficio favorable,  sendo unha vacina altamente segura e  na que as reaccións adversas demostradas son menores, por exemplo dolor e tumefaccion na zona do pinchazo. Ademais calcúlase que  a reducción da incidencia do cancro de cérvix tras a vacinación será dun 70%.

O que quedaria sen resolver, como o propio Ministerio de Sanidade recoñece, é a inmunidade da propia vacina, na que o periodo de tempo maximo estudiado é tan só de 5 anos. A vacinación destas nenas, non terá impacto sustancial ata que éstas alcancen a idade media de diagnóstico de cancro (48 anos). Por agora descoñecese a necesidade ou non de dosis recordo. O que tamén indican as Autoridades Sanitarias é a necesidade dos programas de cribado, tanto en poboación non vacinada como vacinada e a precaución nas  conductas de risco sexual.


En contraposición son moitas as persoas que se están a agrupar solicitando a o Ministerio a retirada da vacina. A asociación de afectadas pola vacina do papiloma publica na sua páxina :(http://aavp.es/) as razóns polas que estan en contra da inclusión da vacina no calendario vacianal, entre as que estarían as seguintes:


- A  vacina non exonera das probas de cribado de cancro de cuello de utero.
- O descoñecemento da efectividade a largo plazo.
- A aparición de casos de graves de reacción en nenas tras a vacinación.
- O elevadísimo coste.
- Existencia de denuncias respeito aos efectos secundarios das vacinas en EEUU e presións exercidas polas farmaceuticas para autorizar a comercialización.
- A incidencia de cancro de cuello uterino en España é unha das mais baixas de Europa.
- Descoñecemento da efectividade da vacina a largo plazo e a necesidade de dose recordo.


Dende o Goberno, unha vez analizados todos os supostos casos de reaccions graves , establecen que non existe unha relacion causal directa e clara que se relacione coa propia vacinación, e  aseguran que continuarán coa vixiancia estricta e supervisión ante posibles casos.

Persoalmente, e para rematar considero, que tras a búsqueda de información  dende diversas fontes, a necesidade dun cribado de cancro de cuello uterino mediante estudio citolóxico é o mecanismo de prevención mais eficaz que existe actualmente. Se ben é certo que a efectividade da vacina está a ser demostrada  moi paulatinamente, ainda existen moitas dúbidas e puntos ser resolver ao respeito, polo  que cómpre  establecer unha prudencia ao respeito e  a necesidade de futuros estudios que aseguren a efectividade da mesma.

Por esta razón, a miña seguinte entrada se centrará nas guías clínicas de cribado do cancro de cérvix, en concreto da guía técnica do proceso de detección precoz do cancro de cervix que publicou a Xunta de Galicia  para os profesionais sanitarios . Desta maneira gustariame destacar a gran importancia da realización de cribados na comunidade.


Un saúdo.


Catalina Campos Suárez.



Como recomendación vos deixo un link dun artigo extraído da biblioteca cochraine que resume brevemente as razons para o optimismo e a prudencia sobre a vacina 


A continuacón tamen vos deixo un artículo de opinión moi interesante da Dra Esther Samper que co titulo ¿ porque unhas vacinas sí e outras non?  


En Galicia tamén sairon á luz posibles casos de reaccións graves en nenas tras a administracion da vacina :
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2012/10/22/afectadas-gallegas-vacuna-papiloma/700296.html


Links de consulta:


http://www.actasanitaria.com/fileset/file__C_ncer_de_cervix_6670624036677526094.pdf