lunes, 4 de noviembre de 2013

Cancro de mama e embarazo:



O diagnóstico de cancro de mama nunha muller embarazada pode representar grandes desafios e unha inmensidade de dúbidas de cara ao afrontamento da situación.  Ainda que nun primeiro momento se tenda a pensar o contrario ,non existe incompatibilidade entre cancro de mama e embarazo . Nesta nova entrada, pretendo dar resposta a algunhas das preguntas maís comúns que se dan nestes casos.

¿ Esta indicado interrumpir o embarazo sendo diagnosticada de cancro de mama?


Ainda que nun primeiro momento se tenda a pensar o contrario ,non existe incompatibilidade entre cancro de mama e embarazo .
Terminar o embarazo non mostrou ter ningún efecto beneficioso nos resultados de cancro, e non se considera unha opción terapéutica.
No primeiro trimestre de embarazo, os riscos para a saúde do feto da administración de quimioterapia ou radioterápia son moito máis elevados, polo nesa situación será preciso valorar os casos de forma individualizada.



¿O embarazo é un factor de risco para desarrollar un cancro de mama?
Non, durante o embarazo as mamas sufren cambios fisioloxicos ( aumento de tamaño e densidade) , que poden dificultar a dentencion de masas anormales de pequeno tamaño, polo xeral, demorándose o diagnóstico. Por isto, soen detectarse nun estadio maís avanzado. Existen especulacións de que hai unha maior incidencia entre embarazo e cancro de mama, pero a razon é que a maternidade se esta a retrasar por enriba dos 30 anos, cando a probabilidade de padecer cancro de mama ascende.


¿ Existen probas diagnósticas para o cancro contraindicadas estando embarazada?


Deben evitarse aquelas probas que supoñan unha alta exposición de radiación, polo que os TAC (Tomografía Axial Computarizada) están totalmente contraindicados, sen embargo o uso de raios X ou resonancias magnéticas pode realizarse tomando precaucións especias.
Están totalmente contraindicadas as probas nas que se utilice iodo radiactivo, xa que pode danar ou destruir a glándula tiroides do feto.


¿Cales son as opcions terapeuticas?
O tipo de tratamento dependerá de diferentes factores: o trimestre no que se atopa o embarazo, a ubicación do cancro, a vontade da muller...
 
1Ciruxía:
É  a primeira opción a valorar nas mullerres con cancro de mama embarazadas. A anestesia non supón un risco para o feto. A técnica quirúrxica mais empleada é a mastectomia radical, xa que con a ciruxia conservadora( tomorectomía ou cuadrantectomía) é necesario administrar radioterapia post ciruxia non sendo aconsellable durante o embarazo. Coa ciruxia, en moitos casos, pódese pospoñer o tratamento de quimioteraia e radioterapia para despois do embarazo.


 2 Radioterapia:


Como comentei anteriormente, está desaconsellada durante o embarazo polos riscos para o feto. En casos de cancro de mama avanzado, no que sexa necesaria, é importante comenzar o tratamento despois do primeiro trimestre de embarazo.


 3 Quimioterapia:
Débese evitar a quimioterapia nos tres primeiros meses de embarazo, xa que pode producir danos no desenvolvemento embrionario.


A partir do segundo trimestre , as mulleres embarazadas reciben un tratamento similar ao resto das mulleres, un réxime extandar de 5-fluorouxacilo, doxorrubicina e ciclofosfamida. Sen embargo o uso de taxanos e o trastuzumab (anticuerpo monoclonal) retrasaranse ata despois do parto, polo risco de que atravesen a placenta e danen o feto.


A existencia de  efectos secundarios provocados pola quimioterapia serian os mesmos que en calquer outra muller.Os riscos de malformación no feto derivados do tratamento estímanse no 1.3%.


Sempre será importante  un seguimento  exahustivo do embarazo durante o tratamento, sendo recomendada que este sexa realizado por unha equipa multidisciplinar integrado tanto por profesionais da obstetricia-xinecoloxía como da oncoloxía.


¿ Esta recomendada a lactancia materna?
Non esta recomendada a lactancia materna durante o tratamento quioterápico e ou radioterápico, xa que as dosis de medicacion, radiación poden ser dañinas para o recien nacido. No caso de que se vaia a someter a ciruxia de mama , tamen seria necesario interrumpila. Sen embargo, sí que esta recomendada tras a superacion do tratamento.


¿Despois de recibir tratamento con quimiotereapia - radiotereapia, é posible quedarse embarazada?


A quimioterapia pode provocar infertilidade en mulleres en idade reproductiva., pero non todos os faármacos teñen o mesmo potencial de destruir a función dos ovarios...

 A maioria das mulleres sometidas a tratamento quimioterápico de cancro de mama recuperan a fertilidade ao cabo de uns meses tras a finalizacion deste, dependendo da toxicidade das drogas.

 Cada caso ten que ser tratado de forma individualizada e utilizar os recursos necesarios para preservar  a fertilidade da muller e  ou ofertar as diferentes alternativas reproductivas para o futuro, tales como: conxelación de embrións xa fecundados, maduración de óvulos en laboratorio….


Descoñécense os efectos sobre o feto que podan producir os tratamentos antitumorales administrados á nai previamente ao embarazo.


 ¿ Existen alternativas de apoio psicolóxico específicas nestes casos?


O diagnóstico de cancro pode ser traumático é extresante. É normal sentirse angustiada e abrumada. A necesaria comunicación entre os familiares e profesionais cercanos e indispensable  para poder sobrelevar a situación.
 Existen diferentes asociacións de apoio que poden orientar á muller, con traballadores sociais, psicólogos e diferentes profesionais . Podes atopar información nos seguintes links:
Asociación española contra el cancer. https://www.aecc.es/Paginas/PaginaPrincipal.aspx
Asociación de diagnosticados con cancro de mama:  http://www.adicam.net/
 
Na búsqueda de información para este artigo, non conseguín atopar información sobre ningunha asociación que se adique únicamente ao apoio da muller con cancro e embarazada no noso País, como existen noutros lugares.


Conclusións persoais:


A pesar de que actualemente estamos habituados a atoparnos con casos de cancro no noso entorno, segue a haber un gran descoñecemento desta enfermidade , así como unha errónea asociación entre cancro e morte. Hoxe en día os índices de supervivencia en determinados tipos de cancro son moi elevados, ademáis as investigacións científicas neste campo avanzan constantemente.
Esta estigma social leva a que todavía sexa maís contradictoria a situación de embarazo e cancro, socialmente ligados un á vida e outro á morte, asociación que como puidemos ver neste artigo, é falsa.
Debido a relación existente entre a incidencia de cancro de mama e a idade da muller, e tamén ao retraso na idade de xestación, cada vez será maís común a coincidencia entre cancro e embarazo, polo que será preciso aumentar igualmente os recursos de apoio a este colectivo e a concienciación social.


Catalina Campos Suárez


Links relacionados:



- Noticia de prensa na que relata a historia de tres mulleres con cancro de mama e embarazadas  tratadas no hospital Vall d ´Hebron : http://www.lavanguardia.com/vida/20121017/54352639881/vall-d-hebron-cancer-mama-gestacion.html
- Video relacionado co link anterior:

https://www.youtube.com/watch?v=rD5d-qzx_Io
- Información da Asociación Española contra el Cancer sobre preservación da fertilidade: https://www.aecc.es/SobreElCancer/Tratamientos/Quimioterapia/Paginas/preservaciondelafertilidad.aspx
- Información xeral sobre cancro e embarazo:
- Asociación de apoio a embarazadas con cancro: http://www.pregnantwithcancer.org/ (EEUU)





 

No hay comentarios:

Publicar un comentario