domingo, 6 de octubre de 2013

Placenta, Usos e Costumes:

                                                                         

Se nos adentramos un pouco na historia das tradicions en diferentes comunidades e poboacións, vemos que ante mesmos eventos, o significado e a reacción pode variar completamente segun teñas nacido nun lugar o outro do Mundo.

Cando se perde un ser querido na maior parte dos paises de Europa, o normal e demostrar sentementos de pena,  retraemento social,  vestir con ropaxe negra, principalmente  a viuva e familiares mais cercanos. Polo contrario en Cambodia , celébrase a despedida dun ser querido cunha festa para que o difunto poida desfrutar por ultima vez das alegrías da Vida.

Centrándome no tema que quero tratar neste artigo, pareceume interesante saber que existen diferentes usos e costumes do trato da placenta unha vez que se produce o alumbramento:

O simbolismo dado á placenta é moi frecuente en moitas culturas e alguns historiadores sosteñen que xa dende o antigo Exipto se dotou de gran relevancia, sendo considerada a parte xemelga do nacido, dotada da sua propia alma.

Varias tribus indíxenas manteñen ancestrais costumes relacionadas co uso da placenta tras o parto, como por exemplo os Maoríes da Illa de Cook ,  que enterran a placenta e plantan encima un cocotero. O crecemento vigoroso ou non , determinara se o neno será forte. Na tribu dos Kimba en Kenia, a parteira enterra o cordón umbilical e a placenta fóra da cabaña onde naceu o neno simbolizando o desexo de unir o fillo a súa terra ancestral.Os Yaquis, no estado de Sonora en México, queimana ou enterrana co fin de evitar que a puérpera sufra entuertos que poidan derivar en esterilidade. Os Kiliwas, tamén en México, a enterran cerca da vivenda, nun pozo profundo fóra do alcance dos animais.

(Enterramento de Placenta)

Nos países occidentais ,o uso que se lle da a placenta no ámbito hospitalario  é escaso. Se os proxenitores o desexan, e é posible, pódese realizar a doación de sangue do cordón umbilical, pero a placenta trátase como desperdicio humano, sendo os hospitais os que se encargan da destrucción.

Dende hai uns anos estan xurdindo diferentes agrupacións de persoas que demandan que se lle de unha maior importancia a éste órgano. En EEUU  no ano 1974, Claire Lotus Day decide non separar a placenta do seu fillo ata que se desprenda de forma natural. A partir de ahí este tipo de prácticas denominarase “Nacemento Lotus”. As defensoras de este tipo de tratamento explican que a separación ,ao cabo duns días e de forma natural, deixa de ser un momento traumático para os recien nacidos, existindo menos risco de sangrados e infeccións.

("Nacemento Lotus")

Paralelamente, xurde o que se denomina a placentofaxia. En EEUU, Europa e Canadá aparecen firmes valedoras desta práctica, como Valerie Rosas, que afirman que o poder nutritivo da placenta xenera grandes beneficios para a nai , evitando depresións post parto e axudando á pronta recuperación polos altos compoñentes en ferro  e vitaminas que contén a placenta. Existen  empresas as que entregándolle  a túa placenta, a encapsulan para que a poidas inxerir días despois e incluso gardala para a etapa climatérica.  O apoio de famosos de Hollywood,  está a facer especialmente coñecida esta costume, ainda que actualmente non existe nengún estudio que demostre que sexa beneficioso inxerila tras o parto.No seguinte link podes obter mais información sobre como encapsular a placenta: http://www.feelgoodplacenta.com/es

(Placenta en cápsulas)

Así como encapsulala , tamén se está a extender a costume das chamadas “festas da placenta”, na que días despois do alumbramento, invitase á familia e amigos a unha celebración para cociñala e degustala entre todos. Este link amosa o blog dunha "placenta party", advirto de que as fotos son bastante explícitas: http://havingapoo.blogspot.com.es/2007/07/placenta-party.html

Na miña opinión, antes de que se leven a cabo certas prácticas como o “Nacemento Lotus” ou a placentofaxia é necesario que se realicen estudos científicos serios e profundos sobre os seus posibles beneficios e/ou riscos que poidan conlevar. No caso do “Nacemento Lotus” é preciso avaliar se existe algún risco para o recén nacido, como a idoniedade ou non dos tratamentos que se lle fan á placenta (sal, lavanda, envoltura en gasas…), ademáis de certificar a existencia ou non de benefios psicolóxicos reais. En canto á placentofaxia é importante valorar o posible impacto na saúde das persoas que a consuman (infecciones, intoxicaciones alimentarias…) e a necesaria creación de protocolos de control sanitario axeitados para a súa posible inxesta, ao igual que se procede con calquer outro tipo de alimento de orixe animal (sendo especialmente sensible neste caso ao ser de procedencia humana).

Por outra banda, sí que considero que sería bo que os país puideran ter acceso á placenta para poder facer uso dela en certo tipo de rituais, como o enterramento, incineración, plantación simbólica dunha árbore… Xa que creo que este tipo de ceremonias poden ter importancia para certas persoas a nivel psicolóxico e/ou social. Así mesmo penso que sería preciso manter un control para evitar riscos á saude pública xerados polo mal uso desta.

Son coñecedora de que este é un tema bastante controvertido, polo que me gustaría animarvos a comentar o post para poder facer un contraste de opinións ao respeito.



Catalina Campos Suárez


Links relacionados:


- Estudo de Armando Medina Bañez e Julio Mayca Pérez titulado "Creencias y costumbres
relacionadas con el embarazo, parto y puerperio en comunidades nativas Awajun y Wampis"
http://www.interculturalidad.org/numero05/docs/0210-Creencia_embarazo_parto_comunidadnativa_Awajun-Wampis-Medina-Mayca.pdf
-Biblioteca Digital de La Medician Tradicional Mexicana  http://www.medicinatradicionalmexicana.unam.mx/termino.php?l=1&t=placenta
- Encapsulado de placenta http://www.birthtoearth.com/
- Artigo da wikipedia sobre placentofaxia http://en.wikipedia.org/wiki/Placentophagy
- Artigo de Salvador Salas sobre placentofaxia http://cukmi.com/la-moda-de-comerse-la-placenta/
- Efecto terapéutico da placenta http://mf3swiss.com/es/Benefitsofplacenta.pdf
- Video “Nacemento Lotus”:

No hay comentarios:

Publicar un comentario