http://www.sergas.es/gal/Publicaciones/Docs/AtEspecializada/PDF-2289-ga.pdf
Antes adentrarme no tema, querria facer unha pequena introdución en relación ao significado da palabra cribar.
QUE É UN CRIBADO E PARA QUE SERVE:
O screening, cribado ou tamizaxe é unha estratexia aplicada na poboación para detectar unha enfermidade en individuos sen signos e sintomas desta. A intención do cribado é a identificación de enfermidades de maneira temprana dentro da comunidade, permitindo a rápida xestión e intervención coa esperanza de que se reduzcan os efectos (dor, falecemento) provocados pola enfermidade.
Para que unha determinada medida preventiva se denomine como screening debe cumplir os criterios de Frame y Carlson:
- Que a enfermidade buscada sexa unha causa común de morbiortalidad ( enfermidade prevalente ).
- Que sexa detectable na etapa presintomática.
- As probas diagnosticas deben ser efectivas e eficaces ( sensibilidade e especificidade aceptables), o tratamento temprano debe ser mellor que na etapa sintomática.
- O dano potencial da intervencion debe ser menor que no tratamento non precoz
Centrándonos no tema a tratar, intentarei facer un resumo dos puntos mais importantes desta guía para que sirvan como orientación a calqueira muller que lle interese.
AS USUARIAS DA PROBA:
Mulleres de 21 a 65 anos de idade, incluídas mulleres vacinadas fronte VPH. A detección precoz de cancro de cérvix interromperase aos 65 sempre que se realizasen duas citoloxias despois dos 60 anos.
CRITERIOS DE EXCLUSIÓN:
- Histerectomizadas.
-Non ter tido relacions sexuais.
- Maiores de 65 anos sen citoloxias previas ou incorrectas. Neste caso se realizaríann dúas citoloxias cun intervalo de tempo de un ano entre elas. Se ambas son normais , xa non seria preciso continuar co cribado.
OBTENCION DA MOSTRA:
A citoloxia podese realizar en medio líquido ou citologia convencional. A muller, o debe cumplir uns requisitos o dia da obtención da toma para preservar a idoneidade dos resultados:
· Ausencia de menstruación.
· Ausencia de enfermidade inflamatoria ou infección vaxinal aguda.Neste caso se trataría primeiro o problema e despois se obtería a toma.
· Máis de 6 semanas dende o parto.
· Non usar tratamentos tópicos durante as 72 horas previas á toma.
Sempre que se precise a determinación de VPH deberase realizar unha toma de mostra utilizando o dispositivo de citoloxía de base líquida dispoñible.
Citoloxia Convencional. |
Citoloxia en base Líquida. |
RESULTADO:
- Se o resultado e negativo para lesión epitelial ou malignidade a proba se repetirá a os 3 anos ata chegar a idade de 65 anos.
-Se a citoloxia non se extraeu correctamente a proba se volvera a relizar o antes posible.
- Se aparece algun achado non neoplasico , se valorará a necesidade dun tratamento e repetir a toma despois.
No caso de anomalias en celulas epiteliais se aplicaría un protocolo especial dependendo do grado de lesión.O paso seguite sería a realizacion de colposcopia para a confirmación histolóxica de lesión precancerosa ou cancro de cérvix. A clasificacion que se utuliza e a de Bethesa 2001. Se vos interesa adentraros mais nos diversos tipos de lesions que existen deixovos este link:
http://www.jano.es/ficheros/sumarios/1/0/1625/45/1v0n1625a13094476pdf001.pdf
CASOS
ESPECIAIS:
A realización de citoloxías de detección precoz de cancro de cérvix debe iniciarse depois dos 21 anos independentemente da idade de inicio das relacións sexuais. Polo tanto, non se recomenda detección precoz de cancro de cérvix citolóxico nin determinación de VPH en mulleres menores de 21 anos.
No caso de infección por VIH ou inmunosupresión recomendarase a realización de citoloxía anual e seguimento por especialista en patoloxía cervical.
E por último no caso de embarazo se recomendara facer a citoloxia 6 semanas post parto, se ten unha citoloxia normal previa ata 5 anos antes.(Referencia: European guidelines for quality assurance in cervical cancer.)
A importancia do cribado na sociedade é real e beneficioso. Ainda así é necesario seguir facendo análisis continuados do diagnóstico precoz e da progresión da enfermidade xa que a propia proba non sempre é inocua e conleva un coste económico a considerar. A continuación deixovos uns videos acerca da realizacion da citoloxia cervical:
Links
de consulta:
http://www.sergas.es/gal/Publicaciones/Docs/AtEspecializada/PDF-2289-ga.pdf
Un
saúdo,
Catalina
Campos Suárez
No hay comentarios:
Publicar un comentario