Para os pais, o embarazo e nacemento planteará novas esixencias. Por unha parte existe unha gran ledicia ante a nova situación, e por outra banda xerará momentos de extrañeza e descoñecemento.
Nesta entrada centrareime na xeración do vínculo entre a parella e a chegada do novo membro da familia. Os cambios que se producen tras a nova no núcleo da parella son moitisimos. Como muller, viviranse e experimentaranse en primeira persoa, pero tamén, a función do pai durante o embarazo, parto, e post-parto, será un piar fundamental, que complementará á nai servindo de apoio, soporte e axuda ante os novos retos nunca experimentados.
Neste artigo busco resaltar a xeración de responsabilidades e actividades conxuntas entre os dous proxenitores, sendo esenciais para lograr obxetivos de igualdade, e deste xeito eliminar estereotipos de xénero que repercutirán na educación do fillo e a sua futura actitude social.
Primeiro trimestre de xestación:
Tras a confirmación e a aceptación do embarazo daranse un dos momentos de maior transcendencia para a vinculación afectiva. Os sentementos ante o fillo que está por vir poden ser ambivalentes (quérote- non te quero), xa que non existe unha percepción directa e obxetiva do embarazo, polo tanto, crearase confusión e sentementos ambiguos, tanto de ledicia como de tristeza e preocupación ante o descoñecido.
Así tamén, o cambio hormonal que está a vivir a muller provocará incomodidades e molestias, tales como náuseas, vómitos, cambio do patrón alimenticio que xerarán unha situación de estrés para ambos membros da parella. É importante que a parella se sinta involucrada, asistindo ás consultas de atención prenatal e a busqueda de información sobre o tema, que compartida entre ambos, proveerá momentos de complicidade ante a nova situación.
Segundo trimestre:
A percepción dos movementos fetais pola nai dará lugar a momentos de ledicia e a certeza da existencia do novo ser. O feto é toda unha realidade e o vínculo estreitase ainda mais. Neste momento os futuros país comezarán a pensar nun nome, nos cuidados do bebe, na disposición a brindarlle afecto , a busqueda activa de información mais concreta….
Moitas mulleres síntense mellor nesta etapa, xa que o corpo comeza a axustarse ao embarazo. Na maioría dos casos, desaparecen as náuseas e o cansancio, aumentando a enerxía notablemente
Terceiro trimestre:
Neste período a nai podería sentir algunha incomodidade a medida que o feto vai crecendo e o corpo se vai preparando para o parto. Pode ter problemas para durmir, para realizar as actividades cotidianas...
É normal a sensación de nerviosismo ante o momento do nacemento. Nos últimos días é común vivenciar o denominado “síndrome do nido”, o cal consiste nun tipo de conducta que fai incrementar o tempo adicado á limpeza da casa, poñér en orden a estancia, lavar a roupa…. É unha forma de afrontar a ansiedade ante a chegada do novo bebé, o desexo de controlar a nova situación. Esta actividade xerará confianza e tranquilidade na nova nai.Todo está a punto. A presencia activa e respetuosa da parella proporcionará estabilidade e seguridade ante o inminente nacemento.
Relacions sexuais durante o embarazo:
Se non existe contraindicación médica ao respeito, pódense ter relacións sexuais durante todo o embarazo. As relación sexuais non son perxudiciais para o bebe, xa que está dentro do útero materno e envolto e protexido pola bolsa de líquido amniótico. Poden existir ocasións nas que a muller non se sinta o suficientemente cómoda, é necesario buscar as posicións mais adecuadas, nas que a nai poida disfrutar plenamente do acto. Se existe contraindicación por algunha razón médica, hai outras maneiras de establecer unha relación de intimidade placenteira (caricias, bicos, masturbación, sexo oral….).
Os pais deberían acompañar á nai ás clases de preparación ao parto, é unha información necesaria sobre proceso de embarazo, parto e post parto que imparten as matronas nos centros de Saúde, que aclararán moitas dubidas ao respeito e facilitará a cración dun vinculo na parella de formación “de equipa” ante todo o proceso.
O nacemento:
É importante pensar no momento do parto antes de que chegue o día, así como planificar diferentes cousas a ter en conta. Repondendo por exemplo ás preguntas de :
¿Como queres que sexa o teu parto?¿Quero epidural?
¿O papá quere estar presente? ¿Querría cortar o cordón umbilical, se é posible?
¿Como chego ao hospital? ¿O coche está en bo estado? ¿con gasolina?
¿Comprei o asento homologado para transportar o bebe de volta a casa?
Recoméndase unha participación activa do pai en todo momento dende que a nai se pon de parto. A presencia deste na sala de dilatación, é basica para xerar un ambiente de confianza e tranquilidade para a nai. Os profesionais sanitarios, deben permitir a entrada do acompañante en todo o proceso e dilatación e parto. Estar no parto, aumentará a percepción e comprensión da psicoloxía do proceso de parto que vive a nai.
A complicidade existente, cambiará notablemente a evolución deste período. Existe asociación entre menos demanda de analxesia por parte da muller e a presencia ou non da parella.
Funcións do pai durante o parto:
- Axuda a distraer á muller durante o pre-parto, escoita música, mira unha película, bañó relaxante.
- Camiñar e dar paseos.
- Coas contraccións, masaxear a espalda da muller ou os hombros.
- Axudar coas técnicas de relaxación aprendidas nas clases.
- Animar e tranquilizar durante o período do expulsivo.
Tras o nacemento, vivirase un momento de máxima ledicia , e a presión e o nerviosismo disminuirán notablemente. O contacto piel con piel inicial entre recien nacido e nai é primordial e básico. A parella debe disfrutar dese momento nun ambiente de intimidade. No caso de ser cesárea, o pai ten opción a facer contacto pel con pel co recien nacido mentres a nai está na unidade de reanimación.
Función do acompañante tamén será a de regular as visitas dos familiares ao hospital. Durante o proceso de dilatación e parto, os familiares e amigos deben deixar espacio á parella para que disfrute o momento con tranquilidade. Despois do parto, e unha vez na habitación, as visitas deben ser reguladas con un tempo curto, xa que a nai e o bebe necesitan descansar. Ademais, se a nai opta por dar de mamar, un gran número de xente entrando e saindo da habitación poder perxudicar a implantación da propia lactancia.
Unha vez na casa, con tempo, os familiares e amigos iran coñecendo ao novo membro da familia.
Apoio lactancia materna:
Os bebes crearán lazos de apego intenso con unha persoa, o seu cuidador principal, que coa lactancia materna sempre é a nai, o que pode levar a os pais a sentirse desplazados. Isto non debe levar a xustificación de o uso da lactancia artificial co obxectivo de aumentar a implicación do pai. A idea e sumar, complementar, non restar. Para sentirse partícipe, o pai pode compartir outros momentos, como mecer, bañar, aloumiñar, consolar, xogar…. que farán que o pai tome unha participación activa no coidado.
Conforme os bebes van crecendo, se xera o apego entre o pai e o fillo, a traves do xogo e o contacto.
As mulleres tras o parto, pasan por un período de extrema sensibilidade emocional. Teñen os sentementos a flor de pel e necesitan ser escoitadas e comprendidas. Nestes momentos, o apio da parella será fundamental. A escoita activa e a atención axudaran moito, asi como a busqueda de axuda profesional en caso de problemas psicolóxicos maiores.
A participación do pai en todo o proceso de embarazo, parto e post-parto, como se explica ao longo deste artigo, é moi beneficiosa tanto para fortalecer os lazos de unión da parella como para mellorar a comunicación, os coidados e o disfrute do novo membro da familia.
A continuación , deixovos un video dun parto natural no que a parella tamen participa activamente,Espero que o disfrutedes:
Links de interese:
- "Guía del padre para el embarazo", The American College of Obstetricians and Gynecologists http://www.acog.org/For_Patients/Search_Patient_Education_Pamphlets_-_Spanish/Files/Guia_del_padre_para_el_embarazo
- "Guía de cuidados infantilespara una nueva paternidad", Asociación de hombres por la igualdad de género http://www.ahige.org/guia_cuidados.pdf
- "Atención al parto normal", Sergas http://www.sergas.es/gal/muller/docs/guia_atencion_parto_mujeres.pdf
- "Atención al parto normal", Sergas http://www.sergas.es/gal/muller/docs/guia_atencion_parto_mujeres.pdf
- "El papel del padre en la lactancia", Alba lactancia materna http://albalactanciamaterna.org/lactancia/claves-para-amamantar-con-exito/el-papel-del-padre-en-la-lactacia/
- "Consejos para papá durante el primer trimestre del embarazo" http://espanol.babycenter.com/a900151/consejos-para-pap%C3%A1-durante-el-primer-trimestre-del-embarazo#ixzz2tOCOEkKX
- "Cuídale, cuindándote", ANAMA (Asociación Navarra de Matronas) http://www.matronasdenavarra.com/pdfs/cuidale_es.pdf
- "El rol del padre en el parto" http://www.crecerjuntos.com.ar/papaparto.htm
- "El papel del padre en el parto (u otros acompañantes) http://bebeagogo.wordpress.com/2011/02/23/el-papel-del-padre-en-el-parto-u-otros-acompanantes/
- "Cuídale, cuindándote", ANAMA (Asociación Navarra de Matronas) http://www.matronasdenavarra.com/pdfs/cuidale_es.pdf
- "El rol del padre en el parto" http://www.crecerjuntos.com.ar/papaparto.htm
- "El papel del padre en el parto (u otros acompañantes) http://bebeagogo.wordpress.com/2011/02/23/el-papel-del-padre-en-el-parto-u-otros-acompanantes/
No hay comentarios:
Publicar un comentario