O Dia 8 de Marzo celébrase en todo o mundo o Dia Internacional da Muller, que orixinariamente se chamaba o Dia Internacional da Muller Traballadora. Neste día reivindícase a loita pola presencia da muller na sociedade en pleno dereito e en pé de igualdade co home, así como o seu desenvolvemento íntegro como persoa.
A celebración do día internacional da Muller Traballadora foi por primeira vez o 19 de Marzo de 1911 en Alemania, Austria, Dinamarca e Suiza, con mítines aos que asistiron mais de un millon de persoas , para esixir o dereito ao voto para as mulleres, a ocupar cargos públicos, ao traballo, a formación profesional e a non discriminación laboral.
Moitos foron os logros conseguidos ata o momento, pero inda segue a haber motivos polos que seguir reivindicando como:
-A precaridade laboral.
-A brecha salarial entre homes e mulleres.
-A desigualdade de oportunidades.
-A feminización da pobreza.
-A sobrecarga e invisibilidade dos cuidados.
-A ausencia de corresponsabilidade no traballo doméstico e nos coidados.
-A violencia machista.
-A cultura patriarcal.
-A represión e o dereito a identidade persoal.
-A expropiación do corpo.
-A Lei do aborto.
Centrándome no último punto, querria compartir un video da asociación : nosotrasdecidimos
Esta Plataforma, respaldada por 355 organizacións de todo o Estado, xurde ante o anuncio por parte do Goberno do Partido Popular da proposta de reforma da actual Lei Orgánica 2/2012 de Saúde Sexual e Reproductiva da Interrupción Voluntaria do Embarazo. O traballo da organización céntrase na defensa dos dereitos sexuais e reproductivos, denunciando que a imposición desta proposta de Lei suporía un maior risco para a saúde e a propia vida das mulleres. Aquí podes ler o manifesto: http://nosotrasdecidimos.org/manifiesto-gallego/
¿Quenes son as mulleres que abortan?
Esta pregunta non terá resposta concreta. As mulleres que abortan son rapazas menores de idade, mulleres de máis de 35 anos, persoas con alta formación ou sen ela... calquer muller pode abortar.
Para poder tomar esta decisión as mulleres deben ser libres, e para iso é fundamental o papel das matronas xa que teñen funcións que se relacionan directamente coa saúde sexual e reproductiva das mulleres. Debemos loitar como profesionais sanitarios, pola proporción de información tendo en conta as distintas alternativas que existen. Reivindiquemos a maior presencia de matronas nos centros de Orientación Familiar e consultas en atención primaria relacionadas coa atención integral á muller.
Con esta inteción, a Asociación Galega de Matronas organiza unha concentración para éste Sábado, día 8 de Marzo na praza do Toral en Santiago de Compostela para reivindicar as funcións da Matrona en todas as etapas da vida da muller.
Acudide !!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario