jueves, 17 de abril de 2014

LACTANCIA: SITUACIÓNS ESPECIAIS


A lactancia materna ademais de como acto instintivo, require información, aprendizaxe e observación. Son moitas as dúbidas que xurdirán unha vez que comeza o peródo de aleitamento. Nesta entrada, gustaríame comentar resumidamente  diferentes situacións que poden suceder neta etapa.


1) A SUBIDA DO LEITE:


A subida do leite é un proceso natural e fisiolóxico, que ocorrerá ao terceiro día do bebe. Non está causada polo leite retenido nos peitos, senon que consiste nun aumento  da vascularización das mamas. Ocasionando que éstas estén durante uns tres días quentes, aumentadas de tamaño e endurecidas.
Si a esta inflamación se lle suma que se vai producindo leite e non se drena de forma eficaz sucederá unha ingurxitación patolóxica ou plétrora. A dor é importante e o peito está tan duro que o bebe non pode agarrar ben.
A maioria das ingurxitacións patolóxicas pódense previr con un inicio precoz tras o parto e cumplindo os tres puntos básicos da lactancia( Lactancia materna sen restriccions, non interferencia con chupetes ou bibereons, posición adecuada).
Indicacións:
         
- Non aplicar calor antes das tomas. Aumentará o edema vascular e empeorara o cuadro.
- Non aplicar frío tralas tomas.POde facer que se contraigan os conductos e o leite fluia peor ou pode provocar isquemia dolorosa no pezón ( falta de rego sanguíneo). 
-Técnica da drenaxe linfática. É o mellor consello que se lle pode dar a unha nai nesta situación.
-Follas de col: A aplicación de follas de col sobre o peito, está demostrado que recuce ainflamación e axuda a desinflar as mamas
           -Extracción do leite: Farase como método de alivio, gardando sempre o leite, xa que pode ser administrar ao teu bebe tras as tomas con cuchara.
         -Opción de tomar algún calmante se é preciso.





2) OBSTRUCCIÓN MAMARIA:
Neste caso aparecerá un bulto doloroso e enroxecido no peito, normalmente no cuadrante superior da mama que toca a axila. Ocorre cando non se vacia adecuadamente unha zona da mama (sempre se amamanta na mesma postura) que pode verse favorecida por un suxeitador demasiado apretado, ou pola posición dos dedos ao ofrecer a mama. Dedos en tesoira presionando a areola. Recomendacións neste caso:
 - Aumentar a frecuencia das tomas. Aplicando calor antes das mesmas.
 - Si hai moita dor ofrecer primeiro o lado sano.
 - Colocar ao neno de forma que a lingua facilite a drenaxe do conducto ( a zona do peito que mellor se vacia é a que esta na barbilla).
 - Durante a toma realizar unha masaxe coidadosa, na zona afectada, movento o pulgar pola zona do bulto, en dirección ao pezón.
 - Se o neno non vacia ben o peito, utilizar sacaleites para terminar de extraer o leite do conducto obstruído.
- Aplicar frio local tra-las tomas: follas de col, compresas frías.
- Suxeitador adecuado, que non comprima.
- Opcion de utilizar algun antiinflamatorio.

3) MASTITE:

A mastite é unha resposta inflamatoria secundaria á situación de retención mantenida do leite. Maniféstase cunha dor intensa nunha zona amplia da mama ( en forma de cuña), que estará enroxecida,dura , inflamada e acompañada dun cuadro gripal: febre, escalofríos, naúseas, vómitos, dor de cabeza, malestar xeral, que aparecerá de forma brusca, podendo ter unha orixe inflamatoria ou infecciosa.
O tratamento é o mesmo que na obstrucción mamaria, añadindo tratamento médico pertinente (antiinflamatorios e antibioticos).




4) ABSCESO MAMARIO:

Tras unha mastite mal curada, a zona vermella e dolorosa que había no peito, móstrase dura externamente e fluctuante á palpación, coa pel vermella e tensa e brilante.
Normalmente non hai febre, senon febrícula e a nai se sinte algo mellor en xeral pero con maior dor.
O tratamento que se pode empregar é a punción dunha agulla guiada por ecografía e colocar un catéter con drenaxe e con bo resultado. A actuación actual máis frecuente é abrir e drenar en queirófano baixo anestesia xeral  deixando un drenaxe de vaciado. Segue sendo importante que o neno mame, porque a retención do leite empeorará o cuadro.
5) LACTANCIA EN CASO DE ENFERMIDADE COMÚN NA NAI:

O aleitamento pódese continuar sen interrupción cando a nai enferma, a maioría doas enfermidades comúns, diarrea , gripe, resfriado non poden ser transmitidas polo leite.Éste aportará anticorpos espécíficos para facer frente á enfermidade, xa que moi probablemente se contaxiara no período de incubación.
Son poucos os medicamentos que son incompatibles coa lactancia materna, o equipo de pediatría do hospital de Marina Alta de Denia Alicante, creou unha web na que se pode sonsultar a compatibilidade dos medicamentos coa lactancia materna:
6) INCOMPATIBILIDADES COA LACTANCIA MATERNA:
Agúns exemplos:
 -Infección polo VIH ( virus da inmunodeficiencia humana).Excepto en países en vias de desenvolvemento.
- Consumo de mediccamentos antirretrovirais.
- Tuberculosis activa non tratada.
- Infección polo tipo I tipo II do virus humano de células T.
- Consumo de drogas como cocaína, heroína, marihuana, podendo causar irritabilidade, patróns de sono deficientes, temblores e vómitos.É posible que xeren unha adicción nos lactantes. No caso do tabaco, se a nai non pode deixar de fumar, é maior o beneficio da lactancia que o prexuizo do tabaco. É imporante fumar lonxe do bebé e alonxar as substancias químicas do fume da súa roupa.
- O consumo do alcohol debe estár restrinxido. De forma ocasional non presentaría problema, sempre evitando darlle de mamar durante dúas horas despois de beber. Moitos bebés atopan desagradable o sabor do leite materno despois de que a nai bebese alcohol.
- O tratamento con quimioterapia e radioterapia, ainda que  no último caso se restrinxirá só de forma transitoria.
As afeccións na mama poden xerar multitude de dúbidas e incluso sentementos de soidade e incomprensión. Os problemas o peito durante a lactancia son temporais e teñen solución  é importante contar cun asesoramento profesional  adecuado.



Links de interese:







No hay comentarios:

Publicar un comentario