lunes, 21 de abril de 2014

LACTANCIA ARTIFICIAL

Un pouco de historia...

Coñécese xa dende hai  miles de anos que o uso de alimentación artificial era habitual no caso de que por algunha razón o neno non poidese recibir o leite materno. Hai referencias que demostran que se empleaban diferentes artiluxios como vasixas con boquilla e cornos para alimentar os recien nacidos. Sorano de Éfeso (médico grego do Século II a.c.) recomenda o leite de cabra para nenos que non poidan ser criados con peito.

En 1565 Simon de Vallembert, pediatra, recomenda o leite de cabra ou vaca a partir do terceiro mes, opoñéndose a antiga costume existente nesa época, de alimentar aos nenos con comida mastigada pola nai nodriza. Consideraba que esa comida era fonte de infecciones por gusanos.
Ao largo dos anos, as experiencias de alimentación artificial de lactantes foron desastrosas, chegando casi ao 100% da mortalidade. 

Durante o Século XIX tódolos tratados médicos afirman a superioridade do leite da muller sobre a de calquer outro animal. Despois da muller, situaranse por orde de adecuación ás necesidades nutritivas do neno: a de cabra, a de asno e por último a de vaca.

Nai de leite: nodrizas

Ata principios do século pasado a opción máis común de alimentar a un neno que non podía recibir leite da súa nai (por morte, abandono…) era conseguir unha nodriza ou nai de leite. Os pediatras da época recomendaban que para unha muller aleitra a un neno alleo, era necesario que non houbera demasiada idade de diferencia en canto a idade do neno propio e os alleos, as mulleres tiñan que ser sanas e con bo caracter (xa que supostamente influia no caracter dos nenos que aleitaban). 

O papel das nodrizas nas clases altas e na realeza era clave.  Toda unha serie de creencias erróneas, ademais de factores relixiosos, de moda e estilo de vida, contribuiron ao rechazo da lactancia materna polas clases pudientes. Considerábase o aleitamento como algo indigno, vergoñento, propio de clases inferiores e animais.

Henry Nestle, século XIX:

Nas primeiras etapas do desenvolvemento da lactancia artificial, os intentos foron en  canto a lograr reemplazar o leite humano por leite de animais con aportes calóricos similares. De ahí o énfase en coñecer a composición proteica, de graxas, azúcres, de distintas leites, incluindo a humana. Por comodidade e costos foise preferindo o leite de vaca.

A finais do século XIX, químicos e comerciantes como Henri Nestle, entran no campo da alimentación infantil, co obxetivo de disminuir as altas tasas de mortalidade infantil na época. Cunha industria cada vez máis preparada, coménzanse a facer os primeiros preparados lácteos. O cálculo e a medición das doses axeitadas, convencerán aos profesionais sanitarios de que o industrial é mais perfecto que o natural.

En 1867, Henry Nestle (1814- 1890)  desenvolveu un composto chamado farine lactee que consistía nunha mezcla de leite de vaca e cereais conseguido mediante un proceso inventado por él, pensado para nais que non estiveran en condicións de alimentar naturalmente ao seu fillo. Un dos seus éxitos foi eliminar o ácido e o almidón de esa mezcla, difícil para a dixestión dos recien nacidos. H. Nestle coñeceu a fama cando o seu preparado salvou a vida a un bebe prematuro cuia nai se atopaba gravemente enferma tras o parto.

O grupo Nestle naceu gracias a Henry Nestle quen doptou o seu propio escudo da familia e apelido Nestle (pequeno nido en aleman).


SÉCULO XX:

O leite de formula, como explico anteriormente, non foi formulado para un consumo tan extensivo como hoxe en día. Sen embrago, ao pasar o tempo, o leite artificial presentouse ao público como un avance na lactancia.

En especial, a partires da segunda Guerra mundial e o aumento da presencia da muller no mundo laboral, os substitutos do leite materno, gañaron terreo e moitas nais renunciaron a amamantar aos seus fillos, ata o punto que na década dos 70 en EEUU, a porcentaxe de nenos alimentados mediante L. natural era inferior ao 30 %.

Estos productos, chegaron ao mercado como “alternativa salva vidas”. Os médicos comezaron a recomendala, en parte, porque creían erróneamente, que as propiedades nutritivas eran similares ás do leite materno. As empresas chegaban aos fogares a través da propaganda masiva, basada na desinformación e na ocultación de datos relevantes. As empresas editaban e distribuian un libro informando sobre lactancia e viñan acompañado de mostras ou cupóns de desconto para adquirir a fórmula.

O PARTO MEDICALIZADO:
O feito de extraer o proceso de nacemento da comunidade para rehubicalo nos hospitais provocou un incremento da medicalización dos aspectos reproductivos das mulleres.
Mentres que tanto a nai como o bebe  se recuperaban tralo parto, ata os anos 70-80 eran separados por rutina. Ao bebe non se lle permitía tomar o peito ata que inxería primeiro un biberón, por se acaso existía un problema co seu aparato gastrointestinal.
Dar o peito, facíase baixo uns estrictos horarios. Xeralmente basados na pauta de  cada 3-4 horas completamente antinaturais para os recén nacidos. Os bebes estaban inevitablemente famentos entre tomas, asi que se lles daba por rutina suplementos de auga e/ou fórmula.
Ao bebe se lle poñía 2 min en cada peito o primeiro día post-nacemento, o segundo día 4 minutos, o terceiro 7 min e así sucesivamente.  Isto creaba unha enorme ansiedade, xa que a nai tiña que estar controlando o reloxo. Aos bebes se lles separaba despois de cada toma e permanecian nos nidos durante a noite. O leite materno prodúcese en función dunha oferta- demanda. Polo tanto, todas éstas rutinas orixinaron para as nais un sentemento de loita e frustración a menudo infructuosa. A fórmula ofreciase como unha solución nutricional completa, moderna , limpa e socialmente aceptable.
Polo menos, dúas xeracións de mulleres por diferentes razóns sociais, atopan o feito de dar o peito como algo extrano e nada familiar.

INFLUENCIA DA PUBLICIDADE:

Ante agresivas campañas de publicidade, algunhas organizaciós reaccionaron frente a “denominada cultura do biberón”. Un dos principais grupos de apoio á lactancia foi A Liga do leite (1956, Chicago), hoxe un dos principais grupos de apoio á lactancia materna.http://www.llli.org/langespanol.html
Mais tarde, en 1974, a 27 Asamblea Mundial da Saúde (AMS) denunciou a perigosa situación que se estaba a viver en moitos países coa promoción indiscriminada destes productos e instou a os Estados Membros á adoptar medidas contra ísto.
Gracias a moitas accións como estas, no ano 1981, apróbase por iniciativa da OMS e o fondo de Nacions Unidas para a Infancia (UNICEF) o Código Internacional de Comercialización de Sucedáneos do leite materno e unha Declaración sobre a Protección e apoio da lactancia materna. Neste establécense un conxunto de regras para limitar o uso e a publicidade en favor da lactancia artificial.

O Código (http://www.telasmos.org/biblio/ProtLegalLM.pdf) inclúe o seguinte:
  • Prohíbe toda a publicidade e promoción de estos productos ao público.
  • Prohíbe as mostras e regalos ás nais e traballadores sanitarios.
  • Uso de materiais informativos en favor da lactancia materna, para previr contrao uso da lactancia artificial.
  • Prohíbe ol uso do sistema sanitarios para promover substitutos da lactancia materna.
  • Prohíbe as ofertas gratuitas de leite de formula.
  • Permite aos profesionales sanitarios recibir mostras pero só con fins de investigación.
  • Demanda que a información do producto sexa obxetiva e científica.
  • Prohíbe os incentivos de ventas para os substitutos do leite materno e en contacto direito coas nais.
  • Require que a etiquetas informen expresamente do uso correcto das leites artificiais e dos riscos da súa emprega erronea.
  • Requiere etiquetas que non desalienten a lactancia materna

En 1990 a asamblea mundial de saúde da OMS recomenda a tódolos gobernos adoptar o código. España adheriuse en 1993 (RD 1408/92 en BOE 13-01-93).


SITUACIÓN ACTUAL:

Os avances obtidos nas últimas décadas na composición de leite para lactantes a partir de modificacións do leite de vaca, conseguiron productos quimicamente similares ao leite materno, ainda que desprovistos das propiedades inmunitarias do leite materno. Este leite administrado en doses adecuadas consigue resultados nutricionais satifactorios que se alonxan moito dos descritos en seculos anteriores. Sen embrargo, descoñécense as consecuencias a longo prazo.

O código internacional creado no ano 1981 sobre a  comercialización de sucedáneos non significa que os paises membros estén obrigados a adoptar estas recomendacións por completo. 

En moitos países coma  no Reino Unido, adóptanse partes do mesmo, por exemplo o principio básico de que a lactancia materna é algo bo está a ser o obxetivo das propias institucións sanitarias, mentres que outros aspectos, como as estratexias que limitan a publicidade e o contacto colectivo coas nais  están  moi limitados.

É importante considerar  que a defensa da lactancia natural non se debe limitar a dicir que o peito é mellor que a lactancia artificial así como demostra a evidencia científica, senón que é imprescindible elaborar estratexias para a reeeducación e formación dos profesionaos sanitarios que influen directamente sobre a saúde da comunidade.
A continuación deixovos cunha foto oi ilustrativa sobre alguns mitos erróneos sobre  a lactancia materna:


Para rematar esta entrada e como curiosidade gustariame compartir un link de unha páxina dunha empresa de Madrid, formada por enfermeiras tituladas, adicada ao coidado dos recén nacidos a domicilio. Nodrizas do século XXI?



Links de consulta:



No hay comentarios:

Publicar un comentario